Galicia

Este luns vai frío e, pola tarde, chegan os primeiros chuvascos

Os ceos estarán pouco anubrados en xeral nas primeiras horas deste luns…pero non durará, as nubes entrarán dendo o norte pola tarde deixando os primeiros chuvascos,q ue serán xeralizados pola noite. As temperaturas serán moi semellantes ás de o domingo: baixas, con xeadas nos concellos do interior.

As máximas irán dende os 17 graos de Vigo, Ribadeo ou Vilagarcía, es e os 3 baixo cero de Verín,  os 2 graos de Lugo e Ourense, os 3 de Piedrafita. Os ventos serán frouxos de compoñente sur, aumentando a moderados á tarde no litoral.

O tempo deste luns é o anticipo do que chega dende o martes,  no que, logo do paso dunha fronte na madrugada, Galicia quedará nunha situación intermedia con ventos de compoñente norte. Deste xeito nas primeiras horas predominarán os intervalos anubrados con chuvascos que ó longo da mañá irán remitindo progresivamente, con apertura de claros comezando polo sur. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos con intervalos moderados no litoral.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.