Galicia

Os traballadores de ‘Infinita Renovables’ advirten de que o ERE da empresa afectará ao 85% da plantilla

O comité de empresa de Infinita Renovables en Ferrol advertiu este sábado de que o expediente de regulación de emprego (ERE) temporal que anunciou a compañía afectará ao 85% da plantilla e avisou de que “moitos dos empregados xa non teñen prestación por desemprego porque a esgotaron no expediente anterior”. Por iso, acusaron a empresa de actuar con «falta de sensibilidade».

Nun comunicado, os representantes dos traballadores lembraron que o pasado xoves a empresa lles comunicou a intención de aplicar outro ERE temporal rotatorio dun ano, que comezará o 1 de decembro. A medida afectará o 85% dos 35 traballadores da planta.

A empresa atribuíu a decisión a que o Goberno deu marcha atrás nas súas políticas de protección da produción nacional e a aprobación da nova orde ministerial que anula o procedemento de asignación de cotas de biodiésel previsto nunha anterior orde, ditada o pasado mes de abril.

Na primeira reunión, sinala o comité, a compañía advertiu de que este novo ERE será «máis restritivo que o anterior, condenando os traballadores a quedar sen prestación por desemprego durante a regulación», posto que a maioría a esgotaron xa.

Ademais, considera que, malia que na primeira reunión a empresa manifestou a súa intención de manter todos os postos de traballo, «os pasos que están a dar evidencian todo o contrario«. «Primeiro deberíanse tomar outra serie de axustes menos traumáticos e non que sempre vaian na dirección dos traballadores», reclama o comité.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.