Galicia

Guillerme Vázquez demite coma voceiro nacional do BNG

“Unha nova persoa poñerase ao fronte do novo proxecto nacionalista que acordemos entre tod@s”, con esta mensaxe o voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego, anunciou na súa conta de Twitter que renuncia ao seu cargo. Guillerme Vázquez é a primeira persona do BNG que asume os pésimos resultados nas Eleccións ao Parlamento de Galicia do pasado domingo, nas que o Bloque perdeu a metade do seu electorado e 5 escanos nos Pazo do Hórreo.

Mentras Vázquez fai efectiva a súa renuncia, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, non ararou cal será a súa decisión logo de a formación nacionalista pasase a ser o cuarto partido de Galicia en número de votos e que, en algún lugares, coma en Vigo, obtivese a metade de sufraxios que a candidatura encabezada por Xoseá Manuel Beiras, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

Guillerme Vázquez foi o único voceiro do Bloque que deu a cara a noite mesma das Eleccións, recoñecendo o que outros tardarían horas en admitir: que os resultados foran malísimos. “Pedimos disculpas, tivemos que facer mal as cousas para esta perda de confianza”, dixo naquela ocasión o doctor Vázquez, no medio do silencio e, seica o rídículo dalgúns dos seus compañeriros que ate chegaron a afirmar que os 200.000 votos que obtivo AGE eran, realmente do BNG.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.