Vigo al minuto

Caballero deixará Vigo sen ‘lamparóns’

O alcalde anunciou este venres, coincidiendo coa celebración en Vigo das I Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación, a entrada en vigor da nova ordenanza municipal de iluminación exterior que suporá a sustitución, na vindeira década, de 7.282 lámpadas de mercurio por luces de vapor de sodio.

Abel Caballero explicou que o obxectivo desta actualización é establecer as condicións mínimas que deberán cumprir as instalacións de iluminación pública tanto de promoción privada como as executadas polo Concello. Segundo dixo, «estamos adaptando a normativa aos requerimentos máis esixentes de sistemas non contaminantes e de aforro enerxético».

O alcalde detallou a sustitución de 7.280 lámparas de mercurio por luces de vapor de sodio cun investimento de preto de dous millóns de euros o que suporá un aforro anual de 150.000 €. O primeiro obxectivo, indicou, céntrase no contorno rural, con actuacións de sustitución ou ampliación de puntos de luz en Beade (1.000 farolas), Valadares (751), Lavadores (738), Teis (612), Oia (564), Cabral (522), Castrelos (430), Comesaña (23 farolas nuevas), Alcabre (24), Bouzas (45) e Freixeiro (48). Seguindo con este proceso de «racionalidade e mellora», no Casco Urbano, sinalou, existen 4.940 puntos de luz clásicos serán reemplazados por lámpadas LED.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.