Comarcas

Compartindo un día coa natureza, de ruta pola Xabriña

O muíño visitado pola comunidade educativa do colexio número 3 de Ponteareas

Hai uns días uns 30 membros da comunidade educativa do colexio número 3 de Ponteareas trasladáronse o concello veciño  de Covelo para facer unha ruta polo Xabriña.

Cando chegaron eran agardados por un membro da comunidade de Montes de Paraños, xunto a un membro do departamento de turismo do Concello para realizar a visita guiada o lagar e museo de cera.

Sendo despois guiados pola traballadora do concello polas fermosas paisaxes que nos brindan os montes de Paraños pola ruta do Río Xabriña.

Desde a executiva da Anpa de Ponteareas queren agradecer tanto o concello de Covelo como a comunidade de montes de Paraños que se volcasen coa Anpa do colexio atendendo a todas as súas peticións inclusive o de poder viaxar ó pasado, poñendo  a funcionar estes un muíño, onde os asistentes puideron apreciar como era o seu funcionamento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.