Cultura Vigo al minuto

Vigo lembra a Fito Domínguez, fundador de A Roda, este sábado

O Concello de Vigo, en colaboración co grupo A Roda, organiza este sábado un concerto homenaxe (21:00 h. Auditorio Mar de Vigo) a Adolfo Domínguez Otero, ‘Fito’ quen morreu o pasado 2 de setembro. Entre os artistas que estarán no escenario destacan Susana Seivane, Xurxo Souto ou Anxo Pintos, quenes lembraran os temas máis senlleiros de A Roda, o emblemático grupo fundado por Fito hay 30 anos.

Aos actos sumouse, tamén, a Xunta, que, nunha nota salienta que está a estudar a sú a colaboración na xira que A Roda ten previsto realizar o próximo ano e que servirá de marco para recordar e poñer en valor o labor musical desta voz única en Galicia.

O grupo A Roda, distinguido co Premio da Crítica Galicia pola súa contribución a prol da normalización lingüística no ámbito musical, foi un dos referentes musicais galegos durante a transición, que baseou os seus máis de trinta anos de traxectoria na recuperación de cantigas tradicionais galegas, repertorio ao que incorporou pezas propias que tamén acadaron unha ampla difusión social.

 

 

También te puede interesar