Galicia

A Xunta adianta a este venres o fin de época de perigo alto de incendios forestais

Este venres remata a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia. As actuais condicións meteorolóxicas e as previsións para os vindeiros días fan posible interromper a prórroga da tempada de máximo risco, que inicialmente se ía prolongar ata o vindeiro luns, día 15, como medida preventiva.

A Consellería de Medio Rural informa que, a partir de mañá, sábado día 13, poderán solicitarse de novo os permisos de queima de restos agrícolas ou de restos forestais en terreo agrícola, de acordo coa normativa vixente.

A decisión de dar por finalizada a época de perigo alto adóptase de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, segundo o cal a Consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio galego.

 

También te puede interesar