Eleccións

Feijóo di que Galicia «é unha comunidade solvente» e Jorquera di que «arruinou o país»

Non pasará á historia dos debates políticos televisados, ainda que aqueles que adiantaron que sería o cara a cara máis interesante dos coñecidos como ‘debatiños’, acertou. O candidato á reelección coma presidente da Xunta e o cabeza de lista do BNG, amosaron, durante a hora de debate que ven dúas realidades moi distintas. Mentras que Alberto Núñez Feijóo amosouse “orgulloso” do que fixo neste mandato e, aínda que recoñeceu queGalicia vive o seu mometo máis difícil” dende o punto de vista económico, asegurou que “sí cadramos as contas” o cal, indicou, foi “grazas aos galegos que creen que esta situación pódese superar”.

O ainda presidente recoñeceu que é imposible que poida estar tranquilo con 260.000 personas sen traballo, prometeu loitar contra “esta lacra” cunha “xestión responsable e puxo coma exemplo da mesma o que fixo dende 2009, o que permitiu que Galicia “sexa a comunidade máis solvente do Estado”. Feijóo cargou contra o bipartito (presidido por Emilio Pérez Touriño e do que formaba parte o BNG), asegurando que deixou sen pagar “máis de 2.400 millóns de euros”, polo cal engadiu “a Xunta xa non é un problema para os galegos , senon un aliado fronte a crise”.

Pola súa banda, Francisco Jorquera  negou que o executico popular fose efectivo, “vostede vende solvencia, pero iso é ter capacidade para crear emprego e con vostede no gobernó galego hai casi o dobre de galegos e galegas sen emprego”. O nacionalista puxo en dúbida o logro comentado por Feijóo de ter cadrado as contas, “nen de austeridade pode presumir”, indicou, botando man das informacións coñecidas hoxe: que  a Xunta trasladou  facturas por un montante superior aos  400 millóns de euros dos exercicios 2010 a 2011 para que cadrase o déficit público.

O candidato popular compremeteuse a dirixir un “goberno unido, e cun líder” e, logo de dirixirse aos galegos coma “veciños”, prometeu unha “xestión responsable, baseada no respeto, en plena libertade e sen imposicións”.

Jorquera rematou a súa intervención pedindo aos votantes que escollan un “cambio real, cun gobernó que aposte polas inmensas capacidades productivas de Galicia para xerar emprego e protexer os servizos públicos”. O nacionalista indicou que “necesitamos un presidente humilde, que non minta, comprometido coa sociedade e que esté preto da xente” e, en referencia á constante teima do presidente dos populares galegos polo inglés, e para deixar craro que non é incompatible co galego rematou despedíndose  cun “boas noites, good night”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.