Comarcas

O Concello de Mos desvela as súas actividades para o seus centros educativos

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informou este xoves da programación para centros educativos dentro do horario lectivo, no primeiro trimestre do curso escolar 2012-2013.

Os beneficiarios desta programación que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro, son os centros educativos de Educación Primaria e Secundaria, tanto públicos coma concertados do Concello de Mos, tales como o CEIP de Atín, o CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, o CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, o CEIP Pena de Francia, o CEIP de Petelos, o IES de Mos; e o centro concertado Colexio Lar.

Os obxectivos desta iniciativa, segundo explicaba esta mañá a edil responsable da mesma, son “completar a oferta educativa dos centros do noso municipio, sensibilizar ao alumnado sobre as problemáticas do noso entorno, conciliar a vida laboral e familiar”, entre ooutras cuestións.

As actividades concretas que se realizarán neste primeiro trimestre de curso serán a presentación do Plan de Autoprotección en Emerxencias, Cine Solidario, ‘Coñece Minergal e as canteiras de Atios’, ‘Conducir non é un xogo’, a exposición didáctica ‘Conservando a Natureza’, e ‘Vimos por Nadal’.

A presentación  do Plan de  Autoprotección en Emerxencias consiste nun proxecto para a implementación do protocolo de emerxencias nos centros educativos do Concello de Mos.

Cine Solidario é unha actividade dirixida ó alumnado de Educación Primaria, forma parte do programa “Educación para o desenvolvemento” que propón o Fondo Galego de Cooperación. Trátase de visionar un filme que contén un transfondo que permite a reflexión sobre diferentes aspectos relacionados coa solidariedade que se abordarían nun posterior coloquio dirixido por unha persoa con experiencia no ámbito da cooperación.

‘Coñece Minergal e as Canteiras de Atios’ consiste nunha actividade na que o alumnado de 5º de Educación Primaria achégase ó Museo dos Minerais de Galicia,  onde a través dunha visita guiada polos técnicos da Fundación Tecnolóxica do Granito, poden visionar a riqueza mineral que nos rodea, e a importancia do granito na nosa área, a súa obtención e tratamento. Completarase a xornada coa visita de campo a unha cantera de Atios.

‘Conducir non é un xogo’ é un proxecto dirixido á promoción da circulación responsable entre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O Multiusos das Pozas acollerá a exposición didáctica itinerante ‘Galicia conservando a Natureza’ promovida conxuntamente entre a consellería de Medio Ambiente e a Obra Social la Caixa. Dita mostra presenta a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos para concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e as súas especies.

Por último, ‘Vimos por Nadal’ é un novedoso programa educativo no que a concellaría de Educación promove visitas escolares ás empresas do noso entorno. Cada centro educativo, en datas escolares, en época de Nadal, realizará unha visita didáctica a unha empresa de relevante interese para ó alumnado.

También te puede interesar