Galicia

Ana Miranda, do BNG, estará na delegación do Congreso invitada para supervisar as eleccións en Venezuela

A deputada do BNG será unha das integrantes da delegación do Congreso dos Deputados, na que tamén están os populares Guillermo Mariscal e Daniel Serrano e os socialistas Francisco Cabañas, Vicente Garcés e Juan Perelló. Todos eles, xunto con varios intelectuais españoles, están invitados pola Comisión Electoral Nacional (CNE) para estar presentes nas Eleccións Presidenciais de Venezuela que se celebran o vindeiro  domingo, día 7 de outubro. Ese día, preto de 19 millóns de venezolanos deberán elixir quen goberna o país, se o candidato á reelección, Hugo Chávez, ou o da oposición, Henrique Capriles.

A lei electoral de Venezuela reserva, en exclusiva, a organizacións nacionais a misión de observación das eleccións pero regula a figura do acompañante internacional, para extranxeiros, aos que invita a presenciar, de xeiro independente e imparcial a transparencia das votacións.

Neste caso, a CNE contará con 200 acompañantes internacionais, principalmente da Unión de Nacións Suramericanas (UNASUR), que estarán presentes durante o proceso electoral; ademáis haberá 687 observadores nacionais de distintas organización da sociedade civil.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.