Galicia

A edición galega de ‘El País’, camiña cara ao solpor

Así é. O que se viña decindo dende abril, cumpriuse: o diario ‘El País’, ven de reducir a súa edición en Galicia á mínima experesión posible, primeiro paso cara ao peche definitivo, como pasará en Andalucía ou en Euskadi. Segundo varios compañeiros que traballan nese xornal, a edición galega do periódico impreso se queda en dúas páxinas, das oito que tiña, e suprímese, definitivamente, o suplemento do venres. A desapación definitiva pode producirse, tanto aquí coma no País Vasco, unha vez pasadas as eleccións do 21 de outubro.

Prisa, empresa editora de ‘El País’, está nunha situación económica moi comprometida e dende o ano pasado a súa directiva xa se viña plantexando esta ‘reestructuración’ que xa empezou co recortes no persoal.

As dificultades financieiras de Prisa non son nada novo, xa hai tempo que Liberty, un grupo de investimentos estadounidense gañou un importante peso na editorial e, hai poucos meses, outros grupos financieiros españoles asumiron boa parte do peso económico e, por tanto, de decisión no grupo.

Na decisión dos recortes na editorial pesa, asimismo, a caída imparable de anunciantes e de lectores na prensa escrita que, no caso de ‘El País’, supera o 23% no que se refire á perda de ingresos por publicidade…es iso só no que vai de ano. As novas non son moito mellores polo que atingue á venda en kioskos: a prensa en papel perdeu, no estado, un 9% de lectores, catro puntos menos que no que se refire a ‘El País’, que deixou de vender preto dun 15% de exemplares no último ano.

 

También te puede interesar