RGPD - Cookies
Galicia

Arbo ten que aprobar este mércores un plan de axuste que evite a intervención estatal do concello

A Corporación de Arbo celebrará este mércores un Pleno para debater, entre outros asuntos, un Plan de Axuste que permita evitar a intervención por parte do Estado. O goberno municipal elaborou un Plan de Axuste que dea resposta ás esixencias do goberno central. Na actualidade o Concello de Arbo ten 800.000 € de impagos, ademais de unha cantidad similar financiada mediante créditos, procedentes das anteriores mandatos, e o goberno español esixe a aprobación en Pleno dun Plan de Axuste onde se determine a natureza das accións a levar a cabo para facer fronte a eses compromisos non cumpridos.

A situación da tesoureiría municipal é crítica pois arrastra un déficit de tesoureiría elevadísimo consecuencia dunha xestión totalmente ineficaz. Ademais de gasto corriente sen pagar, o novo goberno municipal debe facer fronte a 180.000 € dunhas expropiacións que a anterior corporación non afrontou, e incluso se incrementou como consecuencia de diversas accións de disconformidade que chegaron ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dándolle sempre a razón aos propietarios, e de diversos anticipos solicitados á Deputación que se teñen que devolver nos próximos anos.

O Plan de Axuste que o goberno municipal presenta ao Pleno inclúe unha forte rebaixa en gastos corrientes e en investimentos, así como redución de transferencias a asociacións e familias. Ademais, abrirase unha negociación co persoal municipal para reducir xornada e remuneracións e se porá en marcha un plan de redución do gasto enerxético que esixirá o apagado completo do alumeado público durante un período considerable.

Se ben a liquidación do ano 2011 resultou cun superávit nas contas municipais, dando mostra dun cambio de tendencia, foron eliminados moitos gastos superfluos , e se reduciron ao mínimo as asignacións aos políticos (de feito Arbo é o único Concello da Comarca onde non hai ningún político que cobre) a situación é de tanta débeda que é imprescindible a aprobación dun proxecto de xestión que cumpra as esixencias do goberno central.

 

También te puede interesar