RGPD - Cookies

O alcalde de Ourense non demite e defende a súa «total inocencia»

O alcalde de Ourense defendeu este serán, nunha rolda de prensa multitudinaria na Casa do Concello da cidade, a súa “compelta inocencia”, con respecto aos cargos de cohecho e prevaricación polos que está imputado dende esta madrugada, logo de declarar diante da xuiza titular do Xulgado de Instrucción número 1 de Lugo, que investiga a coñecida coma ‘Operación Pokemon’.

Francisco Rodríguez, en liberdade baixo fianza de 6.000 €, reiterou que non é certo nada do que se dico estos días, “coma que teño un piso en Brasil e seica un barco”, e repetiu que é o mesmo que hai 5 anos, cando chegou ao cargo, “se cadra, con menos do que tiña ”.

Rodríguez, quixo deixar crara a súa honestidade e, por elo, “poño a dispor de todos os ourensáns, de cada un deles, os datos relativos ás miñas propiedades, as miñas contas correntes, ate as miñas xoias, ainda que isto último non requerirá moito tempo para a súa comprobación”.

Con respecto á súa demisión, Rodríguez non a descartou pero dixo que hoxe nin sería. Neste senso falou da necesidade de garantir a estabilidade da actividade municipal e, con respecto ao aviso dos seus socios de gobernó, o BNG, de que se non demite, deixan o gobernó, o alcalde asegurou que descoñecía ese extremo.

Esta mesma maña, a voceira do Bloque Nacionalista Galego, o seu socio de goberno no Concello, leeu un comunicado no que sinalou que agardaba que o alcalde “materialice a súa renuncia canto antes”, logo de ser imputado da comisión de dous delitos. No caso contrario, o BNG sinalou “obraremos en consecuencia, xa que para nos é unha cuestión de principios de incompatibilidade a nosa presenza nun gobernó dirixido por una persoa cunha imputación grave”. Polo cal entenden que Rodríguez ten que deixar a Alcaldía para “non causarlle perxuizos á institución”, ainda que os nacionalistas defenden a súa presunción de inocencia, “coma a de calquera cidadán”.

 

También te puede interesar