Vigo al minuto

Un dos detidos en Vigo a fin de semana, enviado a prisión, os outros tres declaran este mércores

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz enviou este martes a prisión a un dos mozos vinculados coa organización independentista radical Resistencia Galega arrestados a pasada fin de semana en Vigo. O maxistrado impútalle a comisión de delitos de tenza de aparatos explosivos e integración en banda armada. O acusado, que responde ás siglas C.C.V., foi arrestado a pasada fin de semana pola Policía Nacional. O resto de detidos, tres en total, prestarán declaración ante o maxistrado este mércores.

A Garda Civil e a Policía Nacional, nunha operación conxunta, detiveron a pasada fin de semana a catro mozos con vinculación á organización independentista radical Resistencia Galega, acusados de terrorismo, dado que portaban material explosivo no momento da súa detención e, segundo as forzas de seguridade, planeaban un atentado «inminente».

Segundo informou o Ministerio do Interior, o sábado pola tarde foron detidos, en posesión de explosivos, dous mozos, presuntos membros de Resistencia Galega, C.C.V. e X.R.O.; mentres que durante a madrugada a Garda Civil detivo outros dous mozos, D.S.M. e H.J.M.G.

Antes da súa detención, C.C.V, que se trasladara por autobús a Vigo cunha mochila de notables dimensións, contacto no parque de Castrelos con outro mozo que tamén foi detido, X.R.O.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.