Galicia

Oubiña non volverá á cadea

A Sección Cuarta da Audiencia Nacional decidiu este venres deixar en liberdade ao narcotraficante galego Laureano Oubiña, condenado o pasado martes a catro anos e sete meses de prisión por branquexar capitais procedentes da venda de droga.

Os maxistrados,Teresa Palacios, Juan Francisco Martel e Carmen Paloma González, consideran que  a pena imposta “non é grave”, xa  que non supera os cinco anos, e que existen outras medidas preventivas que poden paliar o posible risco de fuga que podería existir como son a retirada do pasaporte e a obriga de comparecer cada 15 días na comisaria máis próxima ao seu domicilio.

A Fiscalía solicitara o reingreso de Oubiña no cárcere ou a imposición dunha fianza superior a 100.000 €. O ‘narco’ dirixiuse aos maxistrados que o condenaron por branqueo e asegurou que xa non aguantaba  máis e que só continúa con vida para estar coas súas fillas. “Confío plenamente na Xustiza, non me vou ir a ningunha parte porque teño dúas fillas maiores que creceron sen pai e nai e quero rematar os meus dias con elas”, indicou.

 

También te puede interesar