Galicia

Oubiña non volverá á cadea

A Sección Cuarta da Audiencia Nacional decidiu este venres deixar en liberdade ao narcotraficante galego Laureano Oubiña, condenado o pasado martes a catro anos e sete meses de prisión por branquexar capitais procedentes da venda de droga.

Os maxistrados,Teresa Palacios, Juan Francisco Martel e Carmen Paloma González, consideran que  a pena imposta «non é grave», xa  que non supera os cinco anos, e que existen outras medidas preventivas que poden paliar o posible risco de fuga que podería existir como son a retirada do pasaporte e a obriga de comparecer cada 15 días na comisaria máis próxima ao seu domicilio.

A Fiscalía solicitara o reingreso de Oubiña no cárcere ou a imposición dunha fianza superior a 100.000 €. O ‘narco’ dirixiuse aos maxistrados que o condenaron por branqueo e asegurou que xa non aguantaba  máis e que só continúa con vida para estar coas súas fillas. «Confío plenamente na Xustiza, non me vou ir a ningunha parte porque teño dúas fillas maiores que creceron sen pai e nai e quero rematar os meus dias con elas», indicou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.