Galicia

Educación difunde as listas de estudantes que poden optar a axudas para estudar en países da UE

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a listaxe definitiva de alumnos admitidos na convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Son 90 os alumnos que se beneficiarán desta axuda, unha dotación económica de 1.100 euros por cada beneficiario. Por universidades, a de Santiago é na que se concederon máis axudas, cun total de 40 alumnos becados. En segundo lugar atópase a de Vigo, onde son 37 os estudantes que recibiron a bolsa de financiamento e por último, atópase a universidade da Coruña, con 13 concesións.

Os destinos máis demandados polos universitarios que solicitaron a bolsa foron Reino Unido, con 32 alumnos; e Irlanda, con 24. O seguinte país máis con máis solicitudes foi Alemaña, ao que acudiron 8 dos bolseiros; seguido de Malta e Francia, a onde acudiron 7 rapaces en cada un. Italia acolleu a 4 estudiantes, ao igual que Portugal e Romanía outros 2.  Finalmente, houbo un estudante que escolleu Bélxica como destino e outro, Austria.

A adaptación do alumnado ao Espazo Europeo de Educación Superior esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a competencia e a capacidade de estudo e traballo no contexto internacional.

 

También te puede interesar