Eleccións

Compromiso por Galicia, a favor de entrar nunha ‘coalición técnica’

A Executiva Nacional de Compromiso por Galicia (CxG), aprobou, logo de coñecer os resultados das agrupacións locais e comarcais, a súa disposición para integrarse no que calificou de ‘coalición técnica’ con Anova e Esquerda Unida (EU), para acudir xuntos ás Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 21 de outubro.

Nun  comunicado, CxG explica que a devandita coalición “debería sosterse sobre o autogoberno, o Estado do Benestar, a defensa da democracia e apostar por facer una candidatura representativa e plural”. Sobre estas premisas, Compromiso por Galicia insta as outras dúas organización a pechar elementos de funcionamento e facer unha oferta para artellar “unha alternativa galega renovadora e transformadora”.

 

También te puede interesar