Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis acusa ao alcalde de incompetente por non abrir os espazos deportivos da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, enviou este luns unha nota de prensa na que contesta as declaracións do alcalde nas que indicou que “abrir as instalación deportivas da ETEA costa moitos cartos, fíxense que co diñeiro que se lle deu á Asociación de Veciños de Teis, uns 60.000 €, poderíamos abrir esas instalación”. Na nota a asociación lémbralle a Abel Caballero que  o convenio  anual entre o Concello e a asociación veciñal de Teis, para a xestión e  actividades do Centro Cívico de Teis, ten un cuantía  de 50.000 euros, “que se destinan en exclusiva para as actividades deste Centro Cívico e os gastos deben ser xustificados diante do Concello  só por este concepto”, e que a devandita asociación non recibe un só euro dese convenio.

Ademáis subliña que a apertura do Centro Cívico de Teis permite que a veciñanza conte  cunha ampla oferta de actividades durante todo o ano (cursos, charlas, teatro, festas, ludoteca, excursións, programa  especifico para maiores e nenos ou un clube de lectura, e denuncia que o alcalde “ mesmo utilizou a sinatura deste convenio anual  entre a Asociación e Concello como elemento demagóxico no conflito polas obras da rúa Enrique Lorenzo, que agora utiliza novamente coas instalacións deportivas da ETEA”.

Os representantes desta asociación creen que Caballero “pretende xustificar os seus incumprimentos e a súa falta de capacidade de xestión na apertura das instalacións deportivas da ETEA,  atacando a Asociación Veciñal de Teis”, e sinalan que xa anunciara a apertura do pavillón cando foi candidato á alcaldía de Vigo, en abril de 2007, comprometéndose a abrir o mesmo, e a piscina, en junio daquel ano.

Por último, a asociación veciñal indica que o alcalde “non acepta o papel dos colectivos sociais nun sistema democrático, nin tolera a mínima critica”, e lembra que o colectivo “é independente e  só se debe a veciñanza de Teis”.

 

También te puede interesar