Vigo al minuto

Esquerda Unida augura un «setembro negro impositivo» para os vigueses

Esquerda Unida (EU) de Vigo considera que os incrementos dos recibos do auga e da tarifa do transporte que teremos que soportar os vigueses a partir deste sábado, 1 de setembro, son o resultado «da inanición e a falla de valentía das forzas que se reclaman oposición para traballar dende xa” porque estes servicios públicos esenciais deixen de ser explotados por empresas privadas.

A través de comunicado, EU considera que non subir o IVE do transporte ou da auga non significa que non lle custe nada ao usuario. Máis ben significa que será o Concello o que pague esa diferencia ás empresas privadas, polo que en vez de pagalo directamente o usuario o pagará indirectamente mediante a non disposición de ese importe para outros gastos que lle afectan.

Para dita formación a única solución válida é non renovar a concesión nin a Aqualia e Vitrasa e abrir un novo proceso de concesión pública e «un estudio serio sobre remunicipalización do servizo».

Segundo EU os servizos públicos deben ser xestionados polas institucións públicas so pena de pagar mais polo mesmo servizo e crear a dependencia social e política dunha entidade privada. Estamos a vivilo coa xestión da auga e, agora, ímolo a seguir vivindo coa xestión de Vitrasa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.