Vigo al minuto

Cine galego, de calidade, este venres no café ‘De Catro A Catro’

O vindeiro venres, 17 de agosto, terá lugar no café «De Catro A Catro», a proxección de 4 curtametraxes realizadas por mocidade de Vigo e comarca. As catro curtas, “Maletas”, que ese mesmo día estrénase na web,  “Cobaias”, “As Sombras do Outeiro” e “Carapuchiña e o pobo feroz” serán as protagonistas dunha tardiña de curtas, cun denominador común: as curtas duran 18 minutos.

A encargada de abrir a gala será “Maletas”, unha curta que recibiu no 2010 unha beca ao Talento Audiovisual, pola AGADIC. Raquel Espada, interpreta a Lucía, unha rapaza cunha imaxinación moi fértil que é capaz de sacar o amor da súa vida do atopado nunha maleta.

Carapuchiña e o pobo feroz” e unha revisión do clásico conto de Carapuchiña, baseada no relato homónimo de Fran Alonso que se atopa no libro “Males de Cabeza”. Carapuchiña non é esa historia infantil que todos nos coñecemos; é a antihistoria. Cun lobo bo e unha carapuchiña de dudosa inocencia.

“Cobaias” conta e repasa os medos internos de Teresa, unha rapaza con dous fillos, que hai 7 anos que non está coa súa irmá. Emprenderá unha viaxe polo recordo e polos seus propios medos, e xunta o valor para recuperar á súa irmá, e convencela para voltar a casa. Este proxecto conta coa colaboración de profesionais do audiovisual galego, como son Isabel Risco, Mariana Carballal ou Marta Rios, actores consagrados no panorama televisivo galego.

Pechando a gala, “As Sombras do Outeiro”. Adaptando o popular relato do coñecido autor galego Agustín Fernández Paz “As Sombras do Faro”, quixemos traer á vida os anos 80, nunha historia onde as pantasmas do pasado son as protagonistas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.