Vigo al minuto

Begoña Fernández, primeira medalla olímpica de Vigo, será proposta para ‘Viguesa Distinguida’

Anunciouno o alcalde logo de recibir esta tarde á capitana da Selección Española Feminina de Balonmán, que acadou a medalla de bronce nos pasados Xogos Olímpicos de Londres.  Begoña Fernández Molinos (Vigo, 1980),  comentoulle a Abel Caballero que non continuará xogando en España, senon que se incorporará, este mesmo venres, ao RK Zajecar, un equipo serbio, dada a mala situación na que se atopan os clubes femininos españoles desta modalidade, “das dezaseis integrantes da selección once deixamos de xogar en España”.

Begoña, bromeou con Caballero cando este díxolle que era moito máis alta do que parece na cancha, “na vila olímpica sentíame cativa, entre tanta xenta tan alta”, reiu a xogadora quen recoñeceu que o partido final, contra corea, para facerse co metal, foi “agónico”, xa que as deportistas asiáticas “son moi duras”, polo cal fixeron falla dúas prórrogas para gañar o encontró, “elas son duras e nos peleonas”.

Casi ao termino da visita, na que o alcalde regaloulle á pivote una cadro de Nelson Villalobos, “o mesmo que hai na entrada do Concello”, Abel Caballero anunciou á Begoña, primeira viguesa que conquista unha medalla nuns Xogos Olímpicos, que vai propola como Viguesa Distinguida, para o que espera contar coa unanimidade do Pleno, según indicou. O premio sería máis que merecido xa que ao feito de ser o preimo veciño de Vigo, sexa home ou muller, que acada unha medalla nunhas Olimpiadas, Begoña Fernández suma un subcampeonato de Europa en 2008 e outra medalla de broce no pasado Mundial disputado en 2011.

 

También te puede interesar