Comarcas

Sinaturas en Salvaterra por unha Policía Local nocturna

Imaxe da entrega das máis 600 sinaturas

A formación política Compromiso por Galicia, tras o aumento do número roubos en Salvaterra, iniciou unha campaña de recollida de sinaturas, na que non só colaboraron militantes e simpatizantes desta organización, senón tamén numerosas persoas a título individual e mesmo comercios da vila e parroquias. Xa tiveron unhas 600.

A través de comunicado, CxG Salvaterra esixe que o Goberno local do PP  tome medidas nas competencias da súa responsabilidade, como é a Policía Local. Por ese motivo CxG considera que é preciso que haxa unha patrulla pola noite, e se fora preciso o aumento de persoal.

O secretario Institucional de CxG Salvaterra, Juan Antonio Moo, afirma que “esta é unha situación que nos afecta a todas e todos, por iso imos pedir unha reunión conxunta cos membros do equipo de goberno e oposición así como as asociacións de comerciantes e veciñais” pero recorda que non podemos esquecer que “o Goberno de Arturo Grandal, ten un Policía Local que se adica ás obras que fai o Concello, e outro deles forma parte do Goberno Local”.

También te puede interesar