Vigo al minuto

Os carteiros de Vigo poñen fin á folga máis loga da historia de Correos

Os carteiros do centro de Vigo regresarán este luns ao traballo despois de que o cadro de persoal aceptase, por 22 votos a favor e 17 en contra, a proposta de Correos. Rematan así 46 días de folga tras un acordó que a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de calificar de “malo”, xa que, segundo subliña o sindicato nacionalista, non establece o tempo de permanencia das catro novas unidades de reparto que se crean na cidade, “o que pode supoñer que nuns meses a empresa queira reorganizar de novo o servizo e decide prescindir de máis persoal”.

Segundo a central, o único aspecto positivo do acordo é a redución do número de postos de traballo que Correos pretendía eliminar na zona centro de Vigo, que pasan de 13 a 9. “Polo demais, o documento asinado hoxe despois de que fose ratificado en asemblea polos empregados, coa oposición da CIG e da CGT,  non fixa a duración das catro novas zonas de reparto que se crean na cidade, polo que nos tememos que nuns meses a empresa queira reorganizar o servizo e prescinda de máis postos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.