RGPD - Cookies
Galicia

A Universidade de Vigo non contratará máis personal…de momento

A Universidade de Vigo decidiu este venres, paralizar temporalmente a contratación de novo persoal. O reitor explicou aos membros do conselo de Goberno que as actuacións que se vaian desenvolver sobre novas contratacións «se»establecerán no seu momento en función das respostas recibidas e das negociacións que sexa necesario iniciar».

Salustiano Mato, afirmou que non recibiu a comunicación na que o Ministerio de Hacienda anuncia a súa intención de interpoñer recursos contra resolucións publicadas no BOE de convocatorias de prazas de funcionarios de corpos docentes, que sí cheou xa a outras universidades.

O reitor saliengtou que a Universidade ten a intención de «acatar a lexislación estatal e autonómica, sen renunciar ao diálogo e ás negociacións que sexan necesarias para garantir a calidade da docencia e, por suposto, salvagardando a autonomía universitaria e os dereitos do persoal».

 

También te puede interesar