RGPD - Cookies
Galicia

Guillerme Vázquez cree que «os recortes de Rajoy son tan inútiles coma os de Zapatero»

Iso asegurou este mércores, en Vigo, o voceiro nacional do BNG para quen as palabras do presidente do Goberno, hoxe no Congreso, indicando que vírase obrigado a elixir entre o mal e o pior, suponen un “intento de querer convencernos de que fai única política posíbel, aínda que non goste dela” Para Guillerme Vázquez, “Rajoy minte” porque, subliñou “claro que pode facer outra política, outra cousa é que non a queira facer. E sí pode elixir. Pode elixir entre a obediencia ás políticas que lle dita Alemaña ou a rebelión en defensa doutras políticas distintas».

Vázquez cualificou a política do PP de «inxusta, inmoral e inútil» e sinalou  que a dereita fai cargar todo o peso da saída da crise sobre as rendas medias e baixas, “mentres decreta unha sorte de vacación fiscal, amnistía incluída, para os ricos”. Para o portavoz do Bloque, «os recortes de Rajoy non solucionarán nada, como tampouco solucionaron nada os recortes de Zapatero”. Por elo, fixo un chamamento á sociedade “para que se mobilice e exprese con clareza e de forma masiva a súa oposición”.

O responsable nacionalista tamén criticou a actitude do presidente da Xunta, “sempre foxe cando ten que asumir as súas responsabilidades, seica anda polo Brasil negociando non se sabe qué con Repsol», ironizou. Sobre as declaración de Núñez Feijóo de que Galicia vai ter que facer menos recortes que outros territorios do Estado, Guillerme Vázquez, logo de indicar que hai unha enorme diferencia entre a Galicia oficial e a Galicia real, engadiu que na Galicia real o que hai é un récord histórico de paro, o retorno da emigración como fenómeno masivo, nomeadamente entre mozas e mozos cualificados, e unha moi preocupante caída demográfica. Todos eses son problemas reais dos que o señor Feijóo nin sabe nin contesta”.

 

También te puede interesar