Cultura

Festival de Riós, cine, música, deportes, pementos…e Luis Tosar con ‘Di Elas’

O Festival das Artes Escénicas, dirixido polo actor Rubén Riós e organizado pola Asociación Cultural da Castaña chega a súa V edición convertido nun referente do verán ourensán, cargado de actividades e novidades. O 17 e o 18 de agosto Riós encherase de cinema, teatro, música, humor, gastronomía, deporte e actividades para todos os públicos.

Di Elas, a formación liderada polo actor lucense Luis Tosar e Piti Sanz, encabeza un cartel repleto de grandes artistas como Tonhito de Poi, o dúo humorístico Mucha e Nucha, o Mago Teto, Luis Iglesia e Emilio Rúa, entre outros.

Este ano o festival contará con novidades como: Irmandamento co Festival de Curtas de Cans, coa proxección das curtas e videoclips gañadores deste ano; recordo aos Centros Galegos no mundo, que nesta ocasión estará representado polo Centro Galego de Badalona; irmandamento coa Festa do Pemento de Arnoia, cada ano existirá un irmandamento cunha festa ou festival galego; apoio a novos talentos musicais e cómicos, como Adriana Ramos ou 1992.Deste xeito, búscase que o festival sirva de espazo para que novos talentos teñan a oportunidade de actuar nunha gala na que compartirán escenario con artistas xa consagrados”.

Como cada ano entregarase o galardón a “Castaña de cristal” a un representante da cultura galega, nesta V edición o homenaxeado será Luis Iglesia, actor protagonista da serie “Matalobos”.

Durante a primeira xornada do festival, proxectarase o filme Vilamor, a película do ano en Galicia, seleccionada recentemente no New York City International Film Festival e galardoada no International Film Festival for Peace, Inspiration and Equality de Jakarta.

A venda de entradas anticipada xa está dispoñible a través de www.servinova.es e dos 15 puntos de venta físicos, que podes consultar premendo aquí, a un un prezo de 10€ válido para os dous días e con acceso a tódalas actividades, os organizadores lembran que haberá unha zona de acampada gratuita.

 

También te puede interesar