RGPD - Cookies
Galicia

106 feridos e 2 mortos nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 106 persoas debido a 70 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 11:59 horas do domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 25 accidentes cada un dos días. A Central de Coordinación do 061, recibiu 87 chamadas en relación cos accidentes de tráfico que xeraron 70 asistencias sanitarias que atenderon a un total de 106 persoas.

A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 49 e 51%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 33% dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 33 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, o helicóptero medicalizado desprazouse en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 85 accidentes, as ambulancias convencionais acudiron a tres sinistros, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.

En 89 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria, outros 10 feridos foron atendidos no propio lugar do incidente, sen necesitar traslado, e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar