Vigo al minuto

O BNG podería non apoiar a Caballero na declaración de inconstitucionalidade da Área Metropolitana

Non semella que o BNG vaia a apoiar a proposta do alcalde de presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei do Área Metropolitana. Nunha rolda de prensa, este mércores, representantes do Bloque nos concellos que formarán parte da Área Metropolitana pediron que se modifique a lei para que incorpore as propostas de todos eles.  O voceiro nacionalista en Vigo asegurou que, mentres non se faga isto a lei estará condenada ao fracaso.

En base á devandita opinión, Santiago Domínguez anunciou a presentación dunha moción no Pleno deste venres (14:15 h.) na que pide a modificación da lei de Área Metropolitana ao tempo que se redacte un plan de traballo que recolla, “consensuadamente”, unha definición de servizos mínimos que debe prestar a nova administración, unha deficición dos servizos de competencias que traspasará a Deputación de Pontevedra, a participación da Xunta no novo organismo e o xeito de financiamento do mesmo.

O nacionalista, tenente de alcalde con Abel Caballero no pasado mandato, acusou ao alcalde de contradecirse, “primeiro quixo presidir a Área e logo abandonuna negándose a nomear concelleiros metropolitanos por parte do PSOE. A xuizo de Domínguez,  «esto amosa o fracaso de Caballero, que non foi capaz de abandeirar o proceso de desenvolvemento da Área nin de concitar consensos co resto dos alcaldes».

Pola súa banda, a voceira do BNG en Cangas lembrou que o seu partido votou en contra da lei no Parlamento de Galicia, “porque non recollía os servizos e competencias que os concellos necesitan nin se contou con eles para elaborala”, mentras que o alcalde de Salceda de Caselas acusou ao Partido Popular de non crer neste novo organismo e de aprobar a súa creación para que Feijóo non incumplise outra promesa electoral máis. Marcos Bicada salientou que vaise crear unha Área Metropolitana que non vai a servir para nada aos cidadáns, “e moito menos se non se lle da contenido adelgazando á Deputación”.

Eso sí, os representantes do BNG deixaron craro que apostan por este organismo, porque permitirá que os servizos que se prestan aos cidadáns sexan “ máis eficaces, rendibles e melloren a calidade de vida dos veciños”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.