Vigo al minuto

Os cativos anotados nos campamentos do Concello, viviron máis que unha Aventura no VigoZoo

Actividade. E sen parar. Esa foi a proposta que fixo o ‘Campamento no VigoZoo’, unha das actividades do ‘Verán Xove’ do Concello, e iso exactamente foi o que houbo. Durante cinco días un grupo de rapaces e rapazas tiveron a ocasión de achegarse ao mundo animal, disfrutar da natureza, traballar coas súas mans e divertirse, maila a que o tempo non acompañase. Dito e feito. Así foi.

O alcalde asistiu, acompañado pola concelleira de Medioambiente, Chus Lago, á clausura da primerira das acampadas que se fixo na Madroa, unha das actividades novas dos Campamentos de Verán do Concello, e comprobaron que o verán de 2013 pódese repetir.

Os pequenos tiveron ocasión de aprender a diferenciar aos animais, aprender os seus costumes, achegarse ao seu hábitat e mesmo asistir ao nacemento de dous crías de gamo ou ver, de seguido, unha toupeira, unha especie que ate os coidadores do Zoo non adoitan ver regularmente. Ademáis delo, aprenderon tiro con arco, asistiron a talleres, prácticos, de medioambiente, achegáronse á microfauna, e plantaron a primeira ‘horta ecolóxica’ da Madroa. Nela aprenderon a reciclar a comida para conquerir que medren tomates ou leitugas, aproveitaron materiais que xa non se empregan no VigoZoo para formar os bancais, coidaron de que non abondase a mala herba e mesmo palearon terra ou palla, para manter a súa humidade.

Ademáis da ‘Horta Ecolóxica’, a Madroa, grazas ao traballo destos rapaces, ten, fronte ao invernadoiro, un novo xardín de aromáticas. O obxectivo final, plasmado nun taller de fotografía levado a cabo polos propios nenos, era, como salientaron os monitores, “aprender a traballar en equipo, a planificar, a coordinarse e a colaborar para conquerir un obxectivo común” e, niso, misión cumplida, algo que poden atestiguar os ‘Pelayos’ os dous osos do parque que, coma indicaron os nenos, non perderon un detalle do que pasaba, dende as tendas de campaña, ate o que facían os novos axudantes dos seus coidadores.

Dende a semán que ven, outro grupo de rapaces, estes xa en horario diurno, de 9 da mañán a 6 da tarde, terán que continuar o traballo dos que este venres deixaron o Zoo, por moito que lle pese aos gamos que, coma bromearon ao remate da acampada os pequenos, foron os que peor levaron a súa estadía na Madroa…aínda que os que agradecerán a compaña serán os xabaríns que, xunto cos osos, foron os que mellor conxeniaron con estes novos naturalistas.

 

También te puede interesar