Comarcas

Vigo reclama a Porriño que pague os máis de 2 millóns de suministros de auga que debe a Vigo

O alcalde anunciou este venres que o Concello reclamará a O Porriño que pague a débeda de “2.089.000 de euros de recibos pendentes” do servizo de auga que presta a concesionaria Aqualia. En rolda de prensa, Abel Caballero afirmou que a devandita débeda é “polo custo proporcional da explotación do encoro de Eiras e pola condunción de auga” e que, por elo, a Xunta de Goberno viguesa acordou hoxe reclamar ao concello porriñés o seu pagamento.

O alcalde lembrou que 20 de abril de 2009 os dous concellos acordaron que O Porriño empezaría a pagar as facturas pendentes e presentaría un plan de pagamento para aboar unha débeda que ten dende 1998, pero que o municipio aboou “a primeira das facturas e, a partir de aí, deixou de facelo“. Logo de presentarse ao plan de pagamento a provedores aprobado polo Goberno central, , O Porriño aboou outras sete facturas máis, “pero aínda debenlle a Vigo máis de 2 millóns de euros”.

Caballero salientou que si O Porriño non fai os pagos correspondentes, “vai xerarse un desequilibrio que levaría a que foran os resto dos concellos os que tivésemos que facer fronte a esa cantidade” que, subliñou, non consumiron os veciños de Vigo. “Requirimos o pagamento e, a partir de aí, dacordo co consello do departamento legal, tomaremos todas as decisións precisas para que O Porriño aboe a Aqualia e ao Concello de Vigo ese 2,089 millóns”, rematou o rexidor.

 

También te puede interesar