Deportes Vigo al día

O goberno local comprométese a manter as axudas aos clubes deportivos de elite

Así o asegurou este venres, nunha xuntaza que tivo cos directivos e responsables dos clubes de elite da cidade, o concelleiro de Deportes. Manel Fernández, segundo asegura nunha nota enviada aos medios subliña que “o Concello ven de manter, na practica totalidade, todas as axudas aos clubs de elite a pesar da crise”. Do cal dedúcese que manterá o millón longo de euros que reciben os clubes vigueses, dos cales 405.000 son para aqueles que compiten en división de honra e 600.000 para outras 170 entidades deportivas da cidade.

Isto significa que o Academia Octavio percibirá 130.000 €, o Bosco de Baloncesto 106.000 €, o Coruxo 76.000 €, o Vigo Voleibol, 59.000 , o Amfiv, 52.000 €,  o Traviesas Hockey Club, 37.000, o Olivo, 33.000 €, para o Celta de Atletismo Femenino,  24.000 para o Celta Atletismo Masculino, 24.000 e 23.400 € para o Halcones de beisbol.

Fernández lembra que  isto prodúcese nun contexto no que un número importante de concellos están a recortar as axudas na súa totalidade mentres que en Vigo mantívose a contía. Os clubs de elite saben que contarán co apoio deste goberno municipal o vindeiro ano”.

No transcurso do encontro tamén se lles notificou que o atraso nos pagos debeuse a non poder aprobar o orzamento municipal antes do mes de xuño “polas incertidumes xeradas polo atraso na aprobación nos orzamentos do goberno do Estado”, e constatouse que a crise esta a afectar profundamente a esponsors dos clubs que lles imposibilita levar adiante o apoio aos clubs de élite e, segundo o concelleiro, que “por distintas razóns, os clubs no están a recibir subvencións nin de Xunta nin de Deputación”.

 

También te puede interesar