+barato

Obradoiros de internet para adultos

Dende vigolowcost informan hoxe duns obradoiros do máis interesante:

Enterámonos vía Xornal Vigo dunha serie de tres obradoiros gratuitos relacionados con Internet e destinados ao público adulto que se celebrarán este verán. Son os seguintes:

No Centro Local de Emprego (sito en r/Oporto, 1)

  • Trámites electrónicos coa administración: do 2 ao 4 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Uso seguro de Internet para pais e nais: do 9 ao 11 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 16 ao 18 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas

No Centro Cívico Municipal de Teis (sito en Camiño Maceiras, s/n)

  • Trámites electrónicos coa administración: do 3 ao 5 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Uso seguro de Internet para pais e nais: do 10 ao 12 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 17 ao 19 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas

En principio, o único requisito para inscribirse é estar empadroado no Concello de Vigo. Para inscribirvos ou solicitar máis información, tedes que chamar ao número de información local 010.

Para coñocer outras propostas de vigolowcost o saber quenes están detrás pincha aquí.

También te puede interesar