Galicia

A CIG convoca, este luns, unha concentración diante da oficina de Unísonmo en Vigo

Este luns, ás 12 e cuarto da mañán, a Confederación Intersindical Galega (CIG), convoca unha concentración diante da sede de Unísono, empresa do sector de telemárketing que presta servizos a grandes empresas e multinacionais  de atención á clientela e televenda.

Segundo informa o sindicato, os traballadores “reclamar a readmisión de dúas traballadoras da campaña de Gas Natural despedidas despois de denunciar o que consideraban un acoso por parte da súa xefa directa”.

A central asegura que “malia todos os intentos para tratar de chegar a un acordo, a dirección maten os dous despedimentos e non quere reconsiderar a súa posición claramente represiva” e, tampouco, engade o sindicato, quere investigar as denuncias previas desas traballadoras, “ avaladas por outras compañeiras e compañeiros da mesma campaña”.

 

También te puede interesar