RGPD - Cookies
Vigo al día

Esta noite non haberá fogueiras nas praias

Dezanove son os colectivos que este ano validaron, polo de agora, a súa fogueira para a noite de San Xoán, segundo datos do Concello. Os Bombeiros de Vigo autorizaron estenúmero sobre as 20 solicitudes recibidas a expensas de que a AAVV Jose Casas, de Bouzas, monte a súa fogueira e pase a correspondente inspección.

En todo caso, salientan os responsables locales, todos os organizadores teñen que presentar un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura por importe de 150.000 euros a nome dun solicitante, achegando conxuntamente o comprobante de estar de acordo no pago.

Segundo o bando das normas para a noite de San Xoán, os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación a súa queima e o volume de material combustible non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.

A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores a demais obxectos que poidan resultar danados será como mínimo de 12 metros, con especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, ou en zonas con productos inflamables.

Ademáis, prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, aceites, e calquera outra substancia que conteña líquidos inflamables que desprendan lumes tóxicos, así como se coidará non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión, aínda que estean baleiros. Tampouco está permitido facer fogueiras nas praias e preto de elementos que constitúen patrimonio histórico.

No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados, asfaltados ou pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 centímetros en toda a superficie da fogueira. Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar, os responsables coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas e procederán á limpeza inmediata do espazo autorizado. En todos os casos, os solicitantes serán responsables directos dos danos que puideran ocasionar a terceiros.

Esta é a relación de entidades que solicitaron permiso:

IRMANDADE FESTAS SANTA ANA

AAVV NOSA TERRA ALCABRE

ASOCIACION AMIGOS OUTEIRO

AAVV SAN XURXO SAIANS

CLUB DE CAMPO DE VIGO

AA VV SAN MAMEDE ZAMANS

SOC.C. D. ATLANTIDA MATAMA

A.V.C.D. MONTE DA MINA

AA V OS VENTOS COMESAÑA

AAVV AS FONTES

UVCD CANDEAN

AAVV CASCO VELLO

ASOC. VECIÑAL NOVO VIGO

ASOC. VECIÑAL VAL DO FRAGOSO

SAN XOAN BAUTISTA FREIXO

REAL AERO CLUB DE VIGO

CRAC CORUXO

AA VV JOSE CASAS

CTO. VECIÑAL DE VALLADARES

SOC. CULTURAL E DEP. NAUTILUS

 

También te puede interesar