Ciencia y Tecnología

A Web sobre información cartográfica de Galicia, acada 2 millóns de accesos nun mes

A plataforma web na que se recolle a información cartográfica de Galicia rexistrou dous millóns de accesos no seu primeiro mes de funcionamento. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas activou este espazo, a través do Instituto de Estudos do Territorio, en maio no enlace http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html.

O Instituto de Estudos do Territorio, vén de facer máis accesible para os cidadáns a información cartográfica galega grazas á xeración e publicación de máis de 20.000 mapas correspondentes a catro series cartográficas de Galicia.

Trátase dunha iniciativa pioneira mediante a que xa se poden consultar e descargar en formato pdf a Base topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo do ano 2005, a ortofotografía do PNOA do ano 2009-2010 e a ortofotografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inétida que suporá, tras dous anos de traballo, máis de 4.000 mapas daquela época, coa toponimia actual.

Esta aplicación supón un impulso á difusión simplificada con alta calidade a través dunha plataforma desenvolvida con software libre que permite facer buscas segundo as necesidades do usuario, xa sexa por unidades administrativas, por coordenadas xeográficas ou por referencia catastral, entre outras. Esta plataforma incrementará a súa base  ao punto que se prevé aumentar con outros 20.000 mapas nos vindeiros meses. As novas incorporación serán, entre outras, os produtos derivados da cobertura LiDAR, as novas ortofotografías, a actualización do Sistema de Información de Ocupación do Solo (SIOSE), o mapa forestal, e todas as derivadas dos estudos que se encomenden ao Instituto.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.