Galicia

A Asociación para a Memoria Histórica entrega os restos de tres asesinados polo réxime de Franco

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) entregará os restos de tres asasinados pola represión franquista ás súas familias nun acto que se celebrará no concello coruñés de Boimorto, este domingo. Os restos son os de Isidro Filloy López, de 46 anos; Andrés Filloy, de 18; e a Caitán García Vázquez, de 42 anos, asesinados por un grupo de falanxistas o 20 de agosto de 1936 e exhumados en setembro de 2007.

Segundo a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, no verán de 2007 exhumaronse os corpos destes tres veciños, coa colaboración de numerosos cidadáns e familiares das vítimas, así como do propio Concello.

Os traballos de exhumación foron dirixidos por Andrés Crespo co apoio de varios voluntarios chegados de diversas partes de España e, unha vez recuperados os restos,  foron trasladados ao País Vasco, onde foron estudados por varios forenses. As probas xenéticas realizadas, confirmaron a identidade dos tres falecidos, reclamados polas súas familias hai 76 anos.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica indicou que o número total de veciños de Boimorto asasinados en agosto de 1936 ascende a 11, seis no cemiterio de Ortoño, en Ames, e cinco en dúas foxas comúns. Por iso, retomaranse os traballos para identificar os falecidos en canto sexan conseguidos os permisos de accesos a un terreo no que, podería atoparse  unha foxa na que poderían estar os corpos de Ramón Sánchez Rapela, de 34 anos e Ramón Vázquez Garea, de 50.

 

 

También te puede interesar