Vigo al minuto

EU advirte de que CLECE, “con denuncias por prácticas ilegais” farase cargo de Intervención Familiar en Vigo

Esquerda Unida de Vigo ven de denunciar o feito de que o Concello teña otorgado a concesión do Servizo de Intervención Familiar a CLECE, unha empresa que, segundo EU, “nunca xestinou o mesmo e ten unha política laboral moi custionable”. Segundo Esquerda Unida, non se entende como o informe municipal puntuaba moi por debaixo outras propostas, coma a de ‘Grupo 5’ e ‘Fundación Aldaba’, “que encargábase deste servizo hay 18 anos”, e otorgou o memo a  CLECE, “empresa do grupo constructor ACS de Florentino Pérez, e que vai gañar definitivamente o concurso sen ter ninguna experiencia en ningún concello do estado nun programa tan delicado e especializado como o de intervención familiar”.

EU lembra que CLECE acumula decenas de denuncias” de traballadores e traballadoras por “prácticas laborais ilegais, acoso sindical e incumprimento de plegos de concesión” polo que considera que “é necesario replantear o concurso” xa que, se finalmente o criterio para outorgar o servicio a CLECE era extrictamente económico, “sabemos perfectamente de donde sale o aforro: dos dereitos laborais, dos salarios dos traballadores e polo tanto da calidade do servicio”.

Esquerda Unida salienta que, dacordo co plego de contratación, a empresa a que se lle concede o servicio debe ter experiencia no mesmo, tendo que estar acreditada a mesma, “circunstancia que en ningún caso se da nesta concesionaria”.

Para a agrupación local de EU, CLECE é unha empresa “experta” en despedir ou cercenar os dereitos laborais unha vez subroga as plantillas das anteriores concesionarias polo que “o Concello de Vigo non pode excusarse en cuestións de aforro económico” para introducir a esta concesionaria nun programa de intervención familiar que “vai ser o coello de indias da mesma para exportar os resultados a outras cidades do Estado español”.

 

También te puede interesar