Galicia

Xunta e sindicatos negocian este martes o horario de verán dos funcionarios

A Dirección Xeral de Función Pública e representantes dos sindicatos UGT, CC.OO., CIG e CSI-CSIF reúnense este martes para tratar de pactar o horario de verán dos funcionarios, tras o intento falido da semana pasada. Os sindicatos esixirán que o horario de verán coincida co período lectivo, ao tratarse dunha medida de conciliación da vida familiar e laboral.

A Xunta propón que o horario de 8.30 a 14.30 horas se circunscriba este ano aos meses de xullo e agosto, ante o que as organizacións sindicais queren que sexa dende  mediados de xuño a mediados de setembro “non supón un aumento de gasto porque non se substitúe a ninguén, aseguran ao tempo que afirman que “trátase de facer unha xornada intensiva”.

 

También te puede interesar