RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo, onde máis choveu en todo o Estado

Vigo rexistrou, con 39 litros por metro cadrado, as precipitacións máximas en todo o país na última semana, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. En canto á situación dos encoros galegos, segundo os datos do ministerio, a cunca Galicia Costa pasou dos 496 hectómetros cúbicos de auga embalsada da semana pasada a 498, o que supón dous máis; mentres que a cunca Miño-Sil baixou dos 2.102 a 2.087, o que implica 15 menos.

Deste modo, a cunca Galicia Costa sitúase ao 72,8% da súa capacidade, mentres que a Miño-Sil está ao 68,9%. En total, a reserva hidráulica española atópase ao 65,3% da súa capacidade total e actualmente hai 36.303 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa unha diminución de 452 hectómetros cúbicos  con respecto á semana anterior.

 

También te puede interesar