Galicia

Os titulados galegos en Hostelería, demandados en medio mundo

O Clube de Antigos Alumnos (CAA) do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) recibiu unhas 1.000 ofertas de emprego no 2011 que puxo en coñecemento dos seus asociados, moitos antigos alumnos que remataron os seus estudos de Dirección Hoteleira e Xestión en Cociña. No mesmo período, 104 destes profesionais formados no Centro Superior de Hostelería de Galicia acadaron un posto de traballo grazas as xestións do Clube de Antigos Alumnos.

O Clube conta coa colaboración de cadeas nacionais e internacionais para as súas vacantes en postos directivos e en mandos intermedios. Desde a xerencia desta organización recíbense as ofertas que se publican na website do CAA e á que acceden a través dunha clave os antigos alumnos que son asociados. Se están interesados nalgunha oferta, solicitan á xerencia que lle envíen o seu currículum á empresa e, se esta está interesada nese perfil, a xerencia ponos en contacto para facer unha entrevista de traballo.

Gracias ao traballo do CAA, nestes primeiros meses do ano 2012, outros 35 antigos alumnos atoparon un posto laboral en diferentes postos de traballo en Galicia (15), España (10) e noutros países (10), caso de Reino Unido, (3), Alemania, Noruega, EEUU, Zanzíbar, República Dominicana, Chile e Cuba . Dez destas colocacións están relacionadas coa titulación en Cociña e 24 co título de Xestión.

Na segunda metade do ano, o número de ofertas increméntanse debido ao inicio da campaña de verán tras o que chegará tamén a campaña para a tempada de neve. Ademais, no mes de novembro, o Clube e o CSHG organizan conxuntamente o V Workshop, no que participan responsables de Recursos Humanos dunhas 20 cadeas hoteleiras ou empresas do sector que fan entrevistas de traballo aos antigos alumnos.

Exemplo de ofertas de traballo na última semana

Na última semana, o CAA recibiu 19 ofertas de traballo entre o 1 e o 7 de xuño. A grandes rasgos, son as seguintes:

01-06-2012: Chef executivo de Hoteos todo incluído (Caribe), director de Alimentos e Bebidas de hoteis todo incluído (Caribe), supervisor de cociña nun restaurante (Palma de Mallorca) e xefe de ventas de Grupos e Convencións dunha cadea hoteleira española (EEUU).

03-06-2012: Supervisor de Alimentos e Bebidas en hotel (Marbella)

04-06-2012: Director de Hotel 4 * (Marbella)

05-06-2012: Revenue Manager, executive assitant General Manager nun hotel (Rusia), xefe de Sector nun hotel (Palma de Mallorca), chef executivo en Colectividades (Galicia) e mâitre nun restaurante (Madrid)

06-06-2012: Chef nun restaurante (Reino Unido), xefe de Cociña nun hotel (Zaragoza), camareiras nun restaurante (Reino Unido), cociñeiro nun restaurante (China) e persoal de sala en restaurante (China)

07-06-2012: Director de hotel (Madrid), director de RRHH nun hotel (Caribe) e subdirector Financieiro en hotel 5 * (Barcelona)

 

También te puede interesar