Galicia

Galicia segue sendo a que máis bandeiras azuis ten

Galicia acadou un total de 126 distincións encabezando un ano máis o ranking español, seguida nesta ocasión pola Comunidade Valenciana (108 bandeiras), Cataluña (87) e Andalucía (77).

O número de praias candidatas en 2012 elevouse aos 149 areais, polo que un 85% dos presentados acadaron este recoñecemento, que se distribúe ao longo de 36 concellos costeiros. Respecto dos datos do ano pasado, en 2012 un total de 9 praias máis acadaron esta distinción en Galicia. Tamén destaca a incorporación do Concello de Arteixo con 4 bandeiras azuis para senllos areais deste municipio: Combouzas, Valcovo, A Hucha e A Salsa.

A pesar de incorporar 9 areais con esta distinción deuse o caso de que algún concello da provincia da Coruña e Pontevedra perderon este galardón nalgunha das súas praias no ano 2012.  Na provincia da Coruña, foron as praias de Ornanda e As Furnas, no Concello de Porto do Son; e no de Pontevedra, foron os areais de Carracido (Nosa Señora) e A Xunqueira, en Vigo e Moaña, respectivamente.

Pontevedra é a provincia que ten máis praias premiadas, 57, entre elas 9 viguesas, unha máis que o ano pasado, son O Vao, Argazada, Rodas e Figueiras nas Cíes, Fortiñón, Canido, Fontaiña, e A Punta e Tombo do Gato, que conquiren bandeira azul por primeira vez, como Rodeira, en Cangas, O Espiñeiro, en Poio, e Baltar en Sanxenxo.

 

También te puede interesar