RGPD - Cookies
Galicia

A Policía Autonómica presentou preto de 300 denuncias por venda de alcohol a menores

No que vai de ano, o Grupo de Menores da Policía Autonómica leva tramitadas un total de 272 denuncias, a menores e a establecementos,  por infrinxir a lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores.

Dende a entrada en vigor da a Lei 11/2010, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, a Policía Autonómica está levando a cabo durante as fins de semana unha serie de dispositivos por toda Galicia co obxectivo de velar polo cumprimento da lei e detectar a venta, consumo e subministro de alcohol a menores.

Coma resultado das 581 inspeccións, foron cumprimentadas 272 actas de denuncia a establecementos por diferentes incumprimentos da Lei, das cales 132 foron a menores e 140 aos locais.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da devandita lei, tamén se informou aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que a Policía continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

As localidades onde se teñen realizado estes operativos ata o momento foron na provincia de A Coruña, Ames, Betanzos, Boiro, Carballo, A Coruña, Ferrol, Melide, Muros, Narón, Negreira, Noia, Ordes, O Pino, Pontedeume, Ribeira, Santa Comba, Santiago e Teo; na provincia de Lugo, houbo operativos en Burela, Chantada, Cospeito, Guitiriz, Lugo, Monforte, Monterroso, Ribadeo, Sarria, Vilalba, e Viveiro.

Na provincia de Ourense, houbo operativos en O Barco de Valdeorras, Ourense e Xinzo de Limia; e na provincia de Pontevedra, en Baiona, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, A Estrada, Gondomar, O Grove, Lalín, Marín, Mondariz-balneario, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

 

También te puede interesar