Deportes Vigo al minuto

Aberta a inscripción para o Campus de Baloncesto de 6 do Nadal-Coia

Durante a semana do 2 o 8 de xullo do 2012 celebrarase nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo o 8º Campus de Baloncesto 2012 organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

Este campus ofrecerá, por oitavo ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento, que correrá a cargo de adestradores e de adestradoras de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.

As xornadas se desenvolverán na Cidade Universitaria de Vigo entre as 10:00 horas e as 19:30 horas. As instalacións ofrecerán múltiples oportunidades de establecer contacto con outros deportes e actividades físicas ao contar cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural.

Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódolos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.

Fai a túa inscrición

Dende Seis do Nadal animan a asistir a este campus, “non deixes perder a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos mellores na nosa compaña. Non o dubides e fai xa a túa inscrición”. Para formalizar a inscrición do campus é necesario enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e fotocopias do dni e da cartilla da seguridade social antes do xoves 28 de xuño do 2012 a través do número de fax 986227275 ou a través do correo electrónico [email protected].

 

También te puede interesar