Galicia

As pensións dos xubilad@s galeg@s as máis baixas do Estado, 778 € ao mes

Elo supón que os xubilad@s galeg@s cobran unha media de 165,76 € menos que o resto dos xubilad@s español@s, que perciben  943,96 €, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Tendo en conta a pensión media, a que se obtén considerando todos os tipos, Galicia continúa sendo a comunidade coas prestacións máis baixas, cunha media de 694,74 €, a 31 en maio.

Un total de 450.394 galeg@s reciben unha pensión de xubilación; mentres que 69.898 perciben a de incapacidade, cunha media de 773,91 €. Outras 184.759 persoas ingresan unha pensión de viuvez que, de media, ascende a 596,03 €; 20.631 teñen a de orfandade, con 362,28 € de media; e 5.713 a de favor de familiares, cunha media de 447,41 €.

Ourense e Lugo, as únicas provincias españolas por baixo dos 700 €

Por provincias, a pensión de xubilación en A Coruña é de 827,03 € e a de Pontevedra alcanza os 831,72; fronte aos 683,46 €de Lugo e os 659,25 € de Ourense, a máis baixa de entre todas as provincias de España. De feito, solo Lugo e Ourense sitúanse por debaixo dos 700 €.

No conxunto do Estado, a Seguridade Social destinou un total de 7.366,8 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas no presente mes de maio, un 4,3% máis que no mesmo mes de 2011. Desta cantidade, máis de 5.012 millóns corresponderon ao pagamento da nómina mensual das pensións de xubilación, 1.394,3 millóns a pensións de viuvez,  837,1 millóns a incapacidade permanente , 103,8 millóns a orfandade e 18,5 millóns a favor de familiares.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.