Vigo al minuto

Londres xa ten ría

O alcalde presentou este mércores a promoción da cidade en Londres como destino de “calidade, parte da estratexia turística e de consolidación da ruta aérea que une Peinador con Heathrow. Xunto á directora de Marketing de Vueling, Marion Bauer, Abel Caballero salientou a “relación calidade-prezo” da urbe, os 35 quilómetros da costa da ría de Vigo, a súa gastronomía ou o seu clima ante unha ducia de periodistas especializados e corresponsais de medios de comunicación.

Caballero subliñou a “moi boa acollida” de Vigo, “a mensaxe que cala de forma máis importante é que cada ano visitan a cidade máis de 250.000 turistas que veñen en barcos e, a través dos cruceiros, nos coñecen”, explicou.

Vigo promocionouse en Londres coma o segredo mellor gardado do noroeste español. Destino de acceso rápido e económico, a cidade presenta unha perfecta unión entre o urbano e o ambiental, entre o lecer e o negocio, entre a cultura e unha gastronomía recoñecida internacionalmente.

Conta ademais a urbe co valor engadido dun clima suave e agradable, perfecto para gozar dunhas paisaxes inigualables e máis dunha vintena de areais interminables, incluíndo a praia de Rodas, nas Illas Cíes. A gastronomía mereceu capítulo aparte na presentación polos seus produtos naturais, os seus viños e mariscos, que ocupan o seu lugar nos principais restaurantes dos cinco continentes.

Polo seu tamaño, Vigo ofrece unha oferta cultural ampla, dinámica e diversa, preparada para satisfacer os intereses dos máis curiosos. O seu montañoso cinto verde e a interminable Ría tamén dotan á cidade dun marco perfecto para os amantes do lecer deportivo e de natureza.

Na presentación sublíñase que a cidade  conta ademais cunha gran rede de servizos que permite aloxamentos e desprazamentos adaptados a todos os petos, sen perder nada da calidade que define á urbe, como mostra que máis de 150.000 británicos visitárona o pasado ano.

Vigo-Londres desde Heathrow

Ambas cidades están unidas cun voo directo desde Heathrow que, cunha frecuencia de tres conexións semanais, fai posible descubrir Vigo como destino vacacional singular e atractivo, referente no ámbito do turismo de calidade. A través de Vueling, os británicos poden viaxar á cidade galega desde 49 libras en menos dunha hora e media. A aerolínea freta entre o pasado mes de abril e outubro 188 avións Airbus 320 con capacidade para 180 viaxeiros. A oferta total de prazas ascende a 33.840, case 4.000 máis que en 2011.

 

También te puede interesar