Vigo al minuto

Vigo, centro dos actos das Letras Galegas adicadas a Paz Andrade

A Real Academia Galega organiza, como é tradicional no 17 de maio, unha sesión plenaria extraordinaria e pública na Fundación Barrié (ás 12.00 horas), na que participarán destacados académicos como Xavier Vence Deza, Manuel Rivas Barrós, Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xesús Alonso Montero e o presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Unha hora antes, o alcalde descubrirá dunha placa dedicada ao célebre e polifacético galleguista, nun acto organizado polo Goberno local, e que se celebrará no Edificio Sanchón.

A Xunta, así mesmo, se sumará ás celebración institucionais do Día dás Letras Galegas cun acto no Centro Integrado de FP Valentín Paz-Andrade de Vigo ás 13.30 horas. Nel, o presidente da Xunta inaugurará unha exposición multimedia sobre o autor. Ademais, a partir das 19.30 horas, a Cidade da Cultura acollerá un recital de Yolanda Castaño xunto co grupo ‘Tender a man’.

O centro cultural de Novacaixagalicia, abre unha exposición homenaxe ao galeguista baixo o título «Galiza como tarefa», con documentos orixinais, fotografías da época, mapas, debuxos, maquetas, obras de arte e documentos audiovisuais.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.