RGPD - Cookies
Galicia

Máis de 39.000 mamografías en Galicia nos últimos 3 meses

Segundo informan hoxe desde a Consellería de Sanidade, un total de 39.238 mulleres de entre 39 e 50 anos foron sometidas durante os 3 primeiros meses do ano ás correspondentes mamografías para a detención precoz do cancro de mama. Esta cifra é superior á rexistrada no mesmo período do ano pasado, en concreto, levaron a cabo  2.719 máis.

Por provincias, foi na Coruña onde máis mulleres se exploraron, un total de 17.413, en Lugo 6.815, outras 4.205 en Ourense e 10.804 en Pontevedra.

Do total das mulleres exploradas en toda a comunidade galega, 1.035 foron derivadas ao seu hospital de referencia para poder realizar unha avaliación clínica e confirmar ou descartar a presenza de enfermidade maligna.

Tamén por provincias, na Coruña deriváronse 373 mulleres, 162 en Ourense, 363 en Pontevedra e en Lugo 137.

También te puede interesar