Ciencia y Tecnología

O Vigo Romano, novo roteiro do Museo do Mar, este domingo

O Museo do Mar de Galicia desenvolverá esta fin de semana, ás 11:00 h., e dentro do programa Roteiros pola Costa, unha apaixoante viaxe ao pasado do Vigo Romano, para o cal xa está aberta a inscripción na páxina web www.museodomar.com, e no número de teléfono de información 986 247 691.

O percorrido partirá de Salinae-Centro Arqueolóxico do Areal (rúa Rosalía de Castro, 21-23), onde os visitantes poderán descobrir a única salina marina de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio romano, e  adentrarse nos segredos que rodeaban ao mundo da sal na época:  a súa historia, os sistemas de obtención e os seus usos -na conservación de alimentos, como tinte, etc.-, entre outras curiosidades.

Os asistentes poderán así profundizar na orixe, o desenvolvemento e a decadencia da industria salineira romana en Vigo. A ruta continuará  por  diferentes espazos  do centro da cidade, onde aínda pode observarse a pegada deixada nestas terras pola civilización romana.

 

También te puede interesar