Vinte alumnos péchanse na Facultade de Económicas de Santiago contra a suba de taxas

Ao redor de vinte alumnos, convocados pola Liga Estudantil Galega, iniciaron este mércores un encerro na biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago (USC) contra a suba das taxas universitarias. Segundo informa esta asociación na súa web,  trátase da “primeira acción no horizonte dunha masiva mobilización o vindeiro día 10 de Maio”, para “denunciar os desmesurados e inxustificables recortes en educación que por parte do Goberno Central se están a levar a cabo”

O peche, que ten carácter indefinido, iniciose, segundo fontes da facultade, sen que houbese petición alguna por parte dos alumnos para reunirse co decano da mesma. Así mesmo, con este acto a Liga quere reivindicar a apertura da biblioteca as 24 horas do día en período de exames.

 

También te puede interesar